A Unidade Militar de Emerxencias (UME) desprega as súas forzas en Galicia. Segundo informa a Delegación do Goberno central en Galicia, os efectivos realizarán durante o día de hoxe tarefas de desinfección nas cidades da Coruña e Pontevedra. Na cidade herculina despréganse 48 militares en 15 vehículos que se concentrarán no entorno do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e seguirán nas estacións de autobús e tren, a comisaría da Policía Nacional e a comandancia da Garda Civil en Lonzas xunto o servizo médico da Casa do Mar. Ás 22 horas, segundo informa o Goberno, deixarán a cidade.
En Pontevedra, o despregue militar levarase a cabo a partir das 16 horas contando con 50 militares e 16 vehículos. As tarefas de desinfección realizaranse nas estacións de tren, autobús e na contorna dos hospitais e centros de saúde. En Vigo, os efectivos desprazados pertencen á Brilat e, neste caso, si patrullan a cidade tal e como difundían dende as redes sociais do Exército de Terra.
Continua el despliegue de Unidades del #EjercitodeTierra en apoyo a la lucha contra el #Covid_19 . La Bri.’Galicia’ inicia reconocimientos en #Vigo para patrullajes en la ciudad, puerto, aeropuerto y estaciones de tren. #SomostuEjército ?? #EsteVirusLoParamosUnidos pic.twitter.com/hFl67QXOjq
— Ejército de Tierra (@EjercitoTierra) March 16, 2020