Actívase a reforma da Avenida de Vilagarcía coa licitación das obras

A reforma da Avenida de Vilagarcía podería comezar a principios do ano vindeiro. A Xunta de goberno aprobou a licitación desta obra seundo informou o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, en rolda de prensa. Noriega lembrou os atrancos que tivo ao longo dos anos e agarda que este sexa o último paso para a súa execución.

- Publicidade -

Agardamos poder rematar xa con este culebrón

O alcalde tamén dixo na comparecencia que calcula que as obras poderían comezar nos primeiros meses do ano vindeiro.

O proxecto, cun tipo de licitación de case medio millón de euros, aféctalle ao tramo comprendido entre as avenidas de Rosalía de Castro e de Romero Donallo.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego