Home Programas Área Compostela Acordo nos centros cívicos de Compostela

Acordo nos centros cívicos de Compostela

0
Acordo nos centros cívicos de Compostela
@ BNG de Santiago

Traballadoras e traballadores dos centros socioculturais aprobaron na noite de onte o preacordo acadado entre o comité e a empresa concesionaria do servizo, Ferrovial, coa mediación do concello, que pon fin ao conflito; tal e como vén de informar a CIG-Servizos de Compostela.

A central sindical nacionalista, única con representación na empresa, fixo na mañá de hoxe unha valoración positiva do acordo e que soporía o punto e final no conflito que se vén trasladando durante os últimos meses. Neste sentido Aitor Sebio sinala que con este acordo conseguiuse unha suba salarial inicial e inmediata para as traballadoras/es dun 10%. Ademais os salarios incrementaranse, nos dous vindeiros anos, nun 4%.

Asemblea de traballadores

Xunto a isto, sinalan desde a CIG, as e os traballadores tamén acadaron unha redución de xornada, pasando das actuais de 38,5 horas a 35 horas a partir de xaneiro de 2019 e progresivamente.

Acordouse ademais darlle preferencia ao persoal do servizo para a cobertura de vacantes e así poder incrementar a porcentaxe de traballadoras e traballadores con xornadas completas. Unha cuestión que para a CIG-Servizos era esencial porque aínda hai un número excesivo de traballadoras/es con xornadas parciais.

No relativo ás cuestións organizativas conseguiuse o compromiso por parte da empresa de mudar a oficina técnica de asesoramento neste servizo e que se adopten medidas para evitar as presións que até o de agora viña denunciando o persoal.