Home Programas Área Compostela aCentral Folque incorpora novidades neste curso 2016/17

aCentral Folque incorpora novidades neste curso 2016/17

0
aCentral Folque incorpora novidades neste curso 2016/17

A Escola de Música Popular e Avanzada aCentral Folque presentou en rolda de prensa o seu novo curso académico 2016/17 que contará con varias novidades. No Pazo de Raxoi explicaron como se desenvolverán as aulas a coordinadora dos cursos, María Blanco, e o responsable de produción da mesma, Mauro Sanín.

O Concello colabora con esta asociación a través dun convenio nominativo cedendo o Auditorio de Galicia e os centros socioculturais do Castiñeiriño e da Trisca para as aulas. Explicouno a concelleira de Acción Cultural Branca Novoneyra.

O curso inaugurarase cun concerto no Auditorio de Galicia o mércores 26 de outubro, ás 21:00 horas, no que poderemos escoitar a mestres e mestras, alumnado e amigos e amigas da escola, con entrada de balde.