Un contrato hipotecario sen “letra pequena”?

O obxectivo do grupo socialista é obrigar ás entidades bancarias a ofrecer ás e os seus clientes unha información "sen letra pequena"

O PSdeG-PSOE pon o foco sobre os contratos hipotecarios e propón unha lei para garantir a “transparencia” dos mesmos. O seu grupo parlamentario presentará no vindeiro Pleno unha proposición de lei para que a Xunta “protexa” ás usuarias e usuarios á hora de pedir unha hipoteca.

O obxectivo fundamental desta iniciativa é que as entidades bancarias se vexan na obriga de ofrecer explicacións “sinxelas” que permitan ás e os seus clientes coñecer as condicións dos seus xuros ou “saber as consecuencias” dun posíbel impagamento, “sen letra pequena”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Os bancos deberán ofrecer “explicacións sinxelas” ás e os solicitantes dunha hipoteca

Para logralo, propóñense medidas como que a copia de escritura estea dispoñíbel tres días antes da súa sinatura, así como que sexa o propio notario quen comprobe que esta coincida coa oferta vinculante. Por outra banda, esta iniciativa garante tamñén que o usuario ou usuaria dispoña dunha listaxe propia de persoas taxadoras, á marxe da proposta feita pola entidade bancaria, para que non teña que seguir o seu criterio como única opción.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -