Emilio Cao, un mozo do Carballiño, vén de recibir unha notificación xudicial pola súa participación na manifestación das Marchas da Dignidade no 2014. O vindeiro luns 19 de marzo será xulgado en Madrid polo feito de ter reivindicado “Pan, Traballo e Teito”.
Hai centos coma min
Piden unha condea de 5 anos e 8 meses de prisión por mobilizarse, e fronte a ela, unha maré de apoio e solidariedade está a percorrer o noso país ao longo desta semana.
#AbsoluciónEmilioCao
Pídenme 5 anos de prisión só por exercer o meu dereito a manifestarme
Conversamos co protagonista desta historia, Emilio, e nos relata todo o sucedido, desde o “vexatorio” trato policial como a “absoluta” inxustiza ao que el e outros moitos e moitas compañeiras, se viron sometidos en Madrid naquel vinte e dous marzo de 2014 e durante os sucesivos días.