Home Programas Espazo Aberto 10N, unha xornada electoral marcada pola alerta antifascista

10N, unha xornada electoral marcada pola alerta antifascista

0
10N, unha xornada electoral marcada pola alerta antifascista

A posibilidade de que Vox acade un deputado pola provincia da Coruña encheu nas últimas horas as redes sociais con mensaxes que instan a acudir este 10 de novembro ás urnas que xa pecharon ás 8 da tarde. Os últimos datos, os das 18 horas, sinalan que a participación caeu preto de 5,65 puntos con respecto ao mes de abril ao situarse no 53,26 por cento. A provincia máis afectada pola pouca participación en Galicia é Lugo cun 51,41 por cento e máis de cinco puntos de caída. Con todo, na Coruña, Pontevedra e Ourense a baixada da participación ás 18 horas é de seis puntos. A Coruña pasa de 58,57% en abril a 52,72 por cento; Pontevedra de 60,28% a 54,85% e Ourense, de 58,43% a 52,21%

Alerta antifascista centrada en Vox

A alerta antifascista, centrada especialmente no partido Vox, xorde en Galicia despois de que Santiago Abascal realizase dous mítins  na Coruña e en Vigo dentro da súa campaña preleectoral.

A sentenza do Tribunal Supremo contra o independentismo catalán e a unión das forzas soberanistas do Estado, que asinaron a Declaración da Lloltja, tamén marcan este 10N. Neste sentido, os partidos estatais situaron como eixo da súa campaña a criminalización do dereito de autodeterminación dos pobos. Neste contexto, En Común – Unidas Podemos propuxo o fortalecemento do diálogo para avanzar cara unha estrutura federalista e de respecto de soberanías mentres o BNG, que podería chegar a entrar no Congreso, recuperou a ruptura co rexime español como centro do seu discurso. A isto súmaselle a posible suba da abstención e a incorporación ao taboleiro de Más País, formación de Íñigo Errejón que levou como proposta estrela a semana laboral de 4 días, que fan aínda máis difícil vaticinar os resultados desta nova xornada electoral.