O PSdeG consigue gañar en todas as cidades, agás Pontevedra (BNG) e Ferrol (PP)

As alcaldías variarán en todas as cidades agás en Pontevedra e Vigo onde Lores e Caballero consiguen revalidar o seu liderado

Un total de 2.248.635 persoas estiveron chamadas este domingo ás urnas en Galicia para escoller a 3.721 concelleiros e concelleiras en 313 municipios. O número de concellos diminuíu en un trala fusión dos pontevedreses Cotobade e Cerdedo. Ao mesmo tempo, as e os galegos tamén votaron hoxe polos 54 eurodeputados/as que lle corresponden ao Estado español no Parlamento Europeo dentro do total de 751 que representa aos 28 países da Unión Europea, contando aínda co Reino Unido.

A participación nas eleccións municipais subíu un punto en Galicia mentres que con respecto ás europeas disparouse e chegou ao 50,05% fronte ao 33,78% do 2014 segundo os datos das 18 horas.

- Publicidade -