Home Programas Área Compostela Aberto o prazo de inscrición para as gardarías municipais

Aberto o prazo de inscrición para as gardarías municipais

0
Aberto o prazo de inscrición para as gardarías municipais

Este xoves 1 de marzo ábrese oficialmente o prazo de solicitude de prazas nas escolas infantís de Meixonfrío-Salgueiriños, Conxo e Fontiñas de cara ao curso 2018/19. As solicitudes deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello, ou no Rexistro Auxiliar, antes do día 12. Entre o 16 de marzo e o 16 de abril, poderase optar ás prazas para novo alumnado; será en xuño cando se formalicen as matrículas definitivas.

Os primeiros anos do cativo, clave para a formación da súa personalidade

Así e todo, o concelleiro de Educación expuxo os motivos polos que considera “transcendental” o ciclo vital comprendido entre o propio nacemento do cativo e os 3 anos. Manuel Dios cre que, na devandita franxa de idade, os nenos e nenas precisan absorber moitos “valores positivos” que axuden a conformar a súa personalidade.

Tres novas escolas infantís

O Concello lembra que ten reservadas sete prazas de “emerxencia social”, cuxa adxudicación é competencia de Servizos Sociais. Por outra banda, o concelleiro compostelán deu conta de tres ambiciosos proxectos que o Goberno de Compostela pretende pór en funcionamento antes do remate da lexislatura: as escolas infantís de Castiñeiriño e San Caetano, que poderían comezar a súa actividade de cara ao vindeiro curso, e a de Santa Marta, que comezaría no 2019/20.