Home Programas Área Compostela Aberto o prazo para participar no concurso ‘#Fotolingua’

Aberto o prazo para participar no concurso ‘#Fotolingua’

0
Aberto o prazo para participar no concurso ‘#Fotolingua’

O Concello mantén o seu compromiso co proceso de normalización lingüística. Martiño Noriega, alcalde de Santiago, vén de presentar a terceira edición do concurso #Fotolingua, no que se poderá participar dende hoxe até o vindeiro 7 de xuño. O obxectivo deste certame é dar visibilidade aos establecementos comerciais da cidade que se comprometen co emprego do galego, que é un “valor positivo e diferencial” para as empresas de Santiago de Compostela”, segundo apuntou Noriega.

Todas aquelas persoas que queiran participar no concurso deberán compartir unha fotografía na que se observe un local compostelán coa cartelaría en galego, a través da páxima de #Fotolingua en Facebook ou Instagram. A persoa que gañe o certame será obsequiada cunha cámara Polaroid Snap.