A Concelleira de Políticas sociais, Diversidade e Saúde de Santiago, Concha Fernández, anunciou esta mañá en rolda de prensa que as persoas que cumpran os requisitos xa poden acceder ás axudas da Renda de Garantía Básica Cidadá e as Prestacións de Rescate Social da ordenanza “Compostela máis”.
O teléfono para solicitar as axudas do Concello é o 981541365
A edil explicou tamén que se realizarán unas guías para que toda a veciñanza do municipio estea informada de como acceder a estas axudas.
A Renda Municipal de Garantía Básica é unha prestación económica extraordinaria temporal vencellada a un itinerario de inclusión cidadá. As prestacións de Rescate Social son de carácter extraordinario e puntual, subsidiarias e complementarias dos servizos sociais precisos.