Home Programas Espazo Aberto Aberta a xanela dun novo diario de intereses galegos e na nosa lingua

Aberta a xanela dun novo diario de intereses galegos e na nosa lingua

0
Aberta a xanela dun novo diario de intereses galegos e na nosa lingua

Quen dixo que o papel tiña os días contados e o futuro era a prensa dixital, estaba ben equivocado. O pasado sábado, máis de 200 acudiron á presentación do proxecto ‘O diario galego’, un xornal que Sermos Galiza proxecta lanzar a comezos de 2019.

“O poder das persoas”

O presidente do Consello de Administración de Sermos, Xoán Costa, reclamou o dereito a “saírmos do rego e montar outro mundo dende o poder das persoas”.

Unha representación plural da sociedade

Representantes de diferentes entidades e organizacións do tecido sociocultural, económico e político do país arrouparon o evento. Cómpre salientar a presenza do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, ou as e os líderes das fundacións Castelao, Manuel María, Uxío Novoneyra e Galiza Sempre. A escritora María Reimóndez e a xornalista Tareixa Navaza tomaron a palabra en representación do grupo impulsor do proxecto, resaltando a importancia de dar “voz propia” a Galiza.

O prezo do xornal

O prezo de venda ao público do xornal será de 1,50 euros entre o martes e o venres, e de 2,50 o sábado, incluíndo un suplemento de fin de semana, namentres o domingo e o luns non se editará.

María Reimóndez (Escritora) e Tareixa Navaza (Xornalista), Xoán Costa (Presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza)