Home Programas Área Compostela Abel Ferrara, director de cine: “ Influíronme o Che, Castro e Picasso”

Abel Ferrara, director de cine: “ Influíronme o Che, Castro e Picasso”

0
Abel Ferrara, director de cine: “ Influíronme o Che, Castro e Picasso”

A visita do director de cine Abel Ferrara a Santiago con motivo dun programa especial no Festival Curtocircuito levantou moita expectación. No Pazo de Raxoi participou nunha rolda de prensa e foi presentado polo alcalde da cidade, Martiño Noriega, na que tamén participou a concelleira de Acción Cultural e o director do Festival.

O director de películas como “Tenente corrupto” ou “O funeral” falou do seu paso por América e dos persoeiros históricos que máis lle influenciaron a todos os niveis.

Ferrara , preguntado polas diferenzas entre o cinema independente e o de Hollywood lembrou os seus inicios como os da búsqueda da liberdade. Abel Ferrara descubriu a súa faceta máis viaxeira asegurando que as súas películas adoitan a tratar dos lugares onde vive.
Curtocircuito preparou un programa especial denominado Signed by Abel Ferrara que seno que se poderán ver algunhas das obras que o propio director considera fundamentais na súa formación. O público tamén terá oportunidade de ver algunhas das súas curtas este domingo no Teatro Principal.