Home Programas Espazo Aberto “ABANCA ten unha percepción totalmente regresiva sobre o galego”

“ABANCA ten unha percepción totalmente regresiva sobre o galego”

0
“ABANCA ten unha percepción totalmente regresiva sobre o galego”

A Mesa Pola Normalización Lingüística envíou unha solicitude de encontro a Francisco Botas e ao presidente de Abanca e Banesco, Juan Carlos Escotet polo que consideran unha “imposición do castelán” na documentación e información no seu modelo de contrato de crédito.

No artigo 5º do seu modelo de contrato de crédito ao consumo incorporan un punto denominado “Régimen lingüístico” no que aseguran que “la información y términos contractuales se facilitará en castellano. Con su consentimiento, durante la duración del contrato nos comunicaremos con usted en castellano”. Segundo a queixa, esta cláusula non se pode modificar, obrigando a asinar e renunciar ao emprego do galego como condición para contratar o crédito.