O 7 de setembro, o goberno municipal de Santiago solicitou formalmente unha reunión con Alberto Núñez Feijóo para facer balance dos “compromisos” do goberno galego coa cidade e establecer os novos pasos na relación entre as dúas Institucións. Case un mes despois, chegou a resposta do goberno galego: a xuntanza será o vindeiro 17 de outubro.
En todo caso, Noriega recoñeceu que existíu un malestar no Pazo de Raxoi por non ter recibido desculpas por non ser invitado ao acto de posesión dos novos conselleiros. “Dixeronnos que recibiriamos desculpas pero non foi así” resaltou o alcalde ao mesmo tempo que quixo quitarlle ferro ao asunto.