Unha vez máis, as galegas e galegos teñen que facer o esforzo de abandonar a súa lingua para poder entenderse co sistema público de saúde. O cadro de persoal dos centros diúrnos para maiores e persoas con discapacidades recibiron unha formación obrigatoria sobre COVID-19 por parte da Xunta. Pero esa formación só está dispoñible en español.
A Mesa leva dende o mes de marzo denunciando que todo o referente á COVID-19 está en español. Isto limita gravemente o noso dereito fundamental a expresármonos no noso idioma coa administración autonómica. Por iso, A Mesa anuncia que vai presentar unha queixa ás institucións sanitarias galegas pola indefensión á que se ve sometido o pobo galego ao eliminar a nosa lingua da xestión da pandemia.