A exitosa campaña ‘En negro contra as violencias’ levantou recelos, desde o primeiro ano, nas filas do Partido Popular de Galicia. O concello de Santiago iniciara en 2015 unha campaña para por en evidencia a lacra das violencias machistas en colaboración cos comercios da cidade. Desde aquela a iniciativa medrou exponencialmente por outros moitos municipios, chegando a superar este ano o cento deles. Porén, malia o evidente éxito da campaña, chegou a provocar críticas no Parlamento Galego por parte do PP durante o ano pasado e este ano non queren ser menos.
Facer cousas con intelixencia aproveitando os recursos públicos
Chamativas foron as recentes declaracións do Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que tras asinar un convenio de colaboración co motivo 25N coa Federación Galega de Baloncesto para a difusión da campaña institucional da Xunta, lanzou unha mensaxe pedindo sentidiño
Tema serio pero a Xunta semella apuntarse a unha sorte de “guerra de cores” da que ninguén pode poden saír gañando. Chamativo tamén é, dun xeito similar ao pasado ano, que Goberno galego tamén difunda os materiais da súa acción de sensibilización aos locais comerciais, imitando as accións da campaña ‘En negro’.