Home Programas Espazo Aberto A Xunta sostén que cada día ofrece “máis recursos” aos maiores “para continuar atendéndoos na súa casa”

A Xunta sostén que cada día ofrece “máis recursos” aos maiores “para continuar atendéndoos na súa casa”

0
A Xunta sostén que cada día ofrece “máis recursos” aos maiores “para continuar atendéndoos na súa casa”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, aproveitou a presentación do programa ‘Red May’ en Tordoia para gabar as políticas que está poñendo en marcha a Xunta de Galicia para o benestar das persoas maiores. En concreto, a conselleira destacou que a Xunta ofrece cada día “máis recursos” aos máis maiores para continuar “atendéndoos na súa casa”, unha declaración que choca de fronte coas críticas vertidas pola oposición e o movemento social que acusa ó Goberno galego de recortar a Lei de Dependencia e da falta de prazas nas residencias públicas, entre outros servizos básicos ás persoas maiores.

O programa ‘Red May’ que arrancaba hoxe en Tordoia trátase dun autobús con servizo de oftalmoloxía, podoloxía e detección do alzheimer que visitará vinte concellos.