A Xunta retira a concesión á canteira de Man da Moura

A explotación fora denunciada polos concellos de Ribadavia e Carballeda de Avia e afectaba tamén a Melón

“É unha das mellores noticias desta lexislatura”, asegura a Nós Televisión José Ignacio Gómez, alcalde de Ribadavia. O seu municipio xunto aos de Carballeda de Avia e Melón estaban afectados por unha concesión para unha canteira que estaba prevista en montes da parroquia ribadaviense de A Franqueirán.

É unha das mellores noticias desta lexislatura

“Levamos reclamando desde hai moito tempo”, sinala José Ignacio Gómez, “era un problema moi grave e nós respectamos ás industrias mais neste caso afectaban a unha zona con elementos catalogados e Patrimonio foi moi claro”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As alegacións presentadas no seu día polos tres municipios foron aceptadas agora pola Xunta de Galicia que asumiu a caducidade da concesión pola antiguidade do estudo de impacto medioambiental presentado pola empresa promotora, que data de 1996. Segundo a resolución a empresa promotora desta explotación non deu os pasos necesarios para iniciar a explotación que tiña concedida dende 1997 e cun prazo de execución de 21 anos. Polo camiño pasaron, ademais das alegacións, o seu paso polo Parlamento galego a través de varias iniciativas da socialista Noela Blanco.

“É unha noticia moi positiva para nós”, sinala tamén Luis Milia, alcalde de Carballeda de Avia, “Carballeda de Avia era o máis perxudicado posto que a canteira estaba prevista nunha zona sensible para o noso patrimonio”. No seu caso as alegación fixéronse xunto aos comuneiros de Santo Estevo. Milia, ademais, cre que a solución ao problema é definitiva. “Non cremos que a empresa presente un recurso porque non tería moito percorrido”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -