A Xunta pide agora colaboración institucional e deixa atrás as críticas contra Pedro Sánchez á hora de defender ao persoal de Alcoa

A Xunta moldea agora o seu discurso e deixa atrás as críticas contra Pedro Sánchez polo anuncio de peche definitivo da fábrica de Alcoa na Coruña

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mativeron na mañá de hoxe unha reunión co comité de empresa de Alcoa.

Alí, trala celebración da xuntanza, o goberno galego reclamou a implantación dun marco eléctrico estable e reclamou tamén un traballo conxunto co Goberno central para defender ao persoal afectado polo peche de Alcoa. Lonxe das críticas manifestadas polo propio Feijóo na mañá do pasado mércores, o novo ton da Xunta semella agora máis atinado.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Tamén aproveitou para verter algunha crítica ao Executivo central de Pedro Sánchez. “Hai un cambio de goberno e cartos no orzamento para empresas como Alcoa e aínda non se repartiu” indicara Feijóo o pasado mércores ao tempo que lamentaba que a Xunta aínda non tiña suficiente “fluidez co Ministerio para falar deste asunto”.

No transcurso da reunión desta mañá, acordouse actuar nunha dobre dirección. Por unha banda, solicitar a Alcoa que levante o expediente de regulación de emprego para que se sente a negociar cos traballadores e abrir unha vía de diálogo e,  pola outra, instar ao Goberno a que traballe nun marco eléctrico estable e coñecido de cara a 2019 que dea certeza e credibilidade ás empresas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -