A Consellaría de Educación sentiu hoxe de preto a protesta polo anuncio de peche de varios centros de ensino público. Alumnos e familias de municipios como Outes, Entrimo, As Pontes ou Ribadavia participaron na mobilización canda a Plataforma galega en defensa do ensino e representantes.
Na concentración estiveron presentes tamén os voceiros de En Marea, PSdeG e BNG que criticaron con dureza a decisión tomada polo conselleiro Román Rodriguez. Moitas das persoas asistentes amosaron a súa desesperación polo peche das súas escolas e, no caso de Outes, polo nulo apoio por parte do seu alcalde.
Centos de persoas xúntanse en Santiago contra o peche de centr…
"Temos á cativada chorando: o conselleiro non nos pode facer isto"
Publicada por Nós Televisión en Jueves, 29 de junio de 2017
- Máis información: O ensino galego contra o peche de centros educativos
Os centros que a Consellaría de Educación decisiu pechar este verán son o CEIP de Cruceiro de Roo, en Outes, o CEIP Monte Caxado, nas Pontes, e a oferta educativa de ESO no CPI Tomás de Lemos, Ribadavia.
Máis información:
- Galicia Confidencial: Estudantes, nais, pais e mestres arrodean a Xunta contra o peche de centros educativos
- Sermos Galiza: Centos de persoas protestan fronte á Xunta polo encerramento de centros de ensino
- Praza Pública: O peche de colexios fai revivir as protestas contra os recortes educativos da Xunta