
A visita á Límia da Eurodeputada de AGE Lidia Senra e o deputado de En Marea Davide Rodriguez puxo en evidencia as denuncias continuadas que varios colectivos veciñais e mediambientalistas da zona levan realizado nos últimos anos pola acumulación de puríns sen tratar.
Davide Rodríguez explica que a situación é grave e afecta mesmo á saúde dos habitantes desa zona, “unha das que ten as cifras de cancro máis altas”. Ademais o deputado de En Marea anunciou que tomará medidas para que a Xunta explique “porque ten pechada unha planta de compostaxe na Limia que se realizou con fondos europeos a través de Nova Galicia Banco e que custou máis de 46 millóns de euros”.
Durante á visita á Limia foron testemuñas de como un camión da empresa Coren realizaba un verquido, feito que xa está denunciado diante da fiscalía por parte da Sociedade Galega de Historia Natural.