Os sindicatos do ensino non universitario acudían este mércores ao rexistro da Xunta para facer entrega dun documento no que lle solicitaban a Alberto Núñez Feijóo a recuperación do horario lectivo do profesorado. Os medios de comunicación alí presentes, entre eles Nós Televisión, foron interceptados polo máximo responsable de seguridade do edificio administrativo de San Caetano que lles impedíu a gravación.

- Publicidade -

Ante isto, os responsables dos sindicatos tiveron que saír do recinto para poder realizar declaracións a prensa. Dende a CIG-Ensino anuncian que presentarán unha queixa formal á Xunta por “esta grave decisión de censurar a liberdade de información nun acto sindical cando a todas horas se producen actos e comparecencias do propio goberno e de todo tipo de asociacións e entidades dentro do mesmo recinto”.

Rexistro do escrito

No escrito demandan ao presidente da Xunta que interveña no conflito no ensino no que solicitan volver a recuperar o horario lectivo de 18 horas en secundaria e 21 na primaria.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego