A Xunta deixará na rúa a máis 1.000 traballadores dos servizos contraincendios

As centrais sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT convocan concentracións o 31 de outubro e o 30 de novembro diante da Consellaría de Medio Rural

Remata o verán e o sistema que ten organizado a consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia repite o esquema doutros anos: máis de 1.000 traballadores e traballadoras do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais quedarán na rúa ata o ano vindeiro. As centrais sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT denunciaron conxuntamente esta situación e anunciaron mobilizacións.

Os incendios xa non só se producen en agosto

Os sindicatos non entenden que non se faga efectiva a oferta pública de emprego que se aprobou en 2016. Ademais denuncian a privatización de servizos que deberían realizarse desde a propia Xunta.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Ademais, as centrais sindicais denuncian un “desmantelamento” por parte da consellaría que dirixe José González Vázquez e consideran “irresponsable” unha redución de efectivos que, segundo sinalan, chega ao 50%. Ademais denuncian precariedade laboral e unha elevada taxa de interinidade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -