O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa anunciara a semana pasada que a Xunta comparecerá no proceso iniciado polo Estado español para reclamarlle á familia Franco a propiedade do pazo de Meirás. Con todo, a decisión foi avalada polos servizos xurídicos do Goberno galego que xa deron luz verde polo que a Xunta poderá comparecer no caso, que instrúe o Xulgado de Primeira Instancia número 1 de A Coruña.
O proceso xudicial púxose en marcha o pasado 10 de xullo coa presentación da demanda da Avogacía do Estado que solicita a nulidade da doazón efectuada en 1938 ao ditador Francisco Franco. Ademais, pide a anulación do contrato de compravenda do pazo que se realizou en 1941 ao atopar unha folla notarial que demostraría a fraude.