O Hostal dos Reis Católicos acolleu hoxe a presentación da III edición do Fairway Fórum Camiño de Santiago, o maior evento de difusión turística que se celebra en Galicia ao redor da ruta xacobea.
A falta de participación da Xunta de Galicia neste importante encontro segue a causar extrañeza no resto de institucións que si participan, como é o caso da Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.
Na presentación tamén participou a concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois, que sinalou que este sector é quen de “reter talento” nun “horizonte de oportunidades” de cara a procurar “a cidade que queremos”.
Este ano o evento celebrarase no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago do 10 ao 12 de febreiro e nel están previstas máis de 16.000 reunións de traballo. Estarán presentes seis comunidades autónomas, tres deputacións e máis de sesenta concellos do Estado e Portugal.