Home Programas Espazo Aberto O goberno de Ponteareas acusa á Xunta de “buscar excusas” para seguir pechando escolas

O goberno de Ponteareas acusa á Xunta de “buscar excusas” para seguir pechando escolas

0
O goberno de Ponteareas acusa á Xunta de “buscar excusas” para seguir pechando escolas

O Concello de Ponteareas denuncia que a Xunta mude os seus criterios “para xustificar o peche” da escola rural de San Mateo. A través dun comunicado, o goberno local sostén que o pasado ano, “a Xunta pechou o centro alegando que non acadaba o mínimo de seis matrículas, sen embargo o Concello contratou un servizo educativo que se impartíu igualmente na escola, atendendo aos pais e nais que así o pediron, xa que a escolarización na etapa de 3 a 5 anos non é obrigatoria”.

Para este curso que vén, a escola dispón dunha matrícula de oito nenos e nenas, dous máis dos esixidos pola Xunta. Segundo explica o Concello, a Xunta alega “que existen prazas vacantes nos Colexios Ramiro Sabell e no resto das unitarias agrupadas no CRA Picaraña”. A edil de Educación, Cristina Fernández considerou “pouco serio e incomprensíbel” a postura da administración autonómica. “Parece evidente que buscan excusas á carta. Cada vez que esixen un requisito e o cumprimos aparecen con outro novo. Está claro que hai unha vontade política, sen sustento técnico nin educativo, de pechar a escola”. A edil de ensino atribuíuno á política do Partido Popular desde a Xunta “dirixida en todos os eidos a promover o abandono do rural. En Ponteareas fixérono con outras escolas e agora coa de San Mateo, igual que o están facendo co PXOM que nos impoñen”.