Home Programas Espazo Aberto A Xunta asegura que Galicia é un “referente” sobre a calidade da auga

A Xunta asegura que Galicia é un “referente” sobre a calidade da auga

0
A Xunta asegura que Galicia é un “referente” sobre a calidade da auga

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou na mañá deste luns as novas instalacións do Laboratorio de Medio Ambiente, organismo con sede na Coruña. Alí, alabou o traballo realizado no centro e a vontade da Xunta de Galicia por contar con “datos fiables e contrastados sobre a calidade do aire, das augas ou os niveis de contaminación” dos ríos galegos. para poder anticiparse a posibles circunstancias adversas e protexer o noso entorno e o medio ambiente.

Alí, sorprendentemente e a poucas horas despois da publicación dun novo vídeo que demostraba visualmente a contaminación do Río Arinteiro (Touro) ao seu paso pola antiga mina, a conselleira de Medio ambiente, botaba peito sobre a calidade do aire e dos ríos galegos. Ouvidos xordos ante novas imaxes difundidas polas veciñas e veciños afectados.

As imaxes demostran o contrario

Os ríos galegos, nunha situación límite. E así o demostran as imaxes captadas por veciñas e veciños de Arinteiro (Touro) durante pasado domingo. Un desastre ecolóxico en toda regra. Ao tempo que tamén é necesario lembrar que, en varias ocasións durante este ano, Técnicos de Augas de Galicia xa teñen sinalado o “lamentable” estado dos principais ríos afectados pola actividade mineira no noso país.

Os traballos sobre a mina de touro: “Con absoluto rigor”

Recentemente, e en comisión parlamentaria, o director xeral de Minas da Xunta de Galicia, respondía ante as queixas da veciñanza que os traballos e trámites relacionados co Mina de Touro se eralizan con “absoluto rigor e independencia” ao tempo que defendía calquera proxecto que supoña unha “Promoción económica” para o territorio. Así é, ante as críticas da veciñanza,  Ángel Bernardo Tahoces apostou por unha minaría “segura, moderna e medioambientalmente sostenible”.

Ademais, tamén vimos de saber que p Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), órgano asesor da UNESCO en materia de protección e conservación do Patrimonio Mundial, vén de presentar ante a Xunta de Galicia e os concellos de Touro e O Pino, un informe técnico que pon de manifesto os graves prexuízos que a reapertura da mina de cobre a ceo aberto conlevaría para o Camiño Francés, ata o punto de que éste podería ser excluido da Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO, con todo o que eso suporía non só para Santiago, senón para todos os pobos e cidades que atravesa o Camiño e para os que é parte fundamental do seu tecido económico