Home Programas Espazo Aberto A xuíza Pilar de Lara asina o seu cese e abandona o xulgado de instrucción número 1 de Lugo

A xuíza Pilar de Lara asina o seu cese e abandona o xulgado de instrucción número 1 de Lugo

0
A xuíza Pilar de Lara asina o seu cese e abandona o xulgado de instrucción número 1 de Lugo

A xuíza Pilar de Lara asinou este xoves o seu cese no xulgado de instrucción número 1 de Lugo sen agardar ao recurso de reposición que presentara contra a súa sanción. O Consello Xeral do Poder Xudicial multara á xuíza por dilacións indebidas con sete meses e un día de emprego e soldo, que tamén supuña a perda de destino. A xuíza deixará de exercer durante ese tempo marcado e despois pasará a concursar para un novo xulgado.

Agora, as múltiples macrocausas que dirixía como a Carioca, que investigaba unha rede de proxenetismo en Galicia, ou a Pokémon, sobre subornos a políticos a cambio de adxudicacións públicas, pasarán a mans do xuíz ou xuíza que colla o relevo neste xulgado. Con todo, Pilar de Lara presentou ante o Tribunal Supremo un recurso que podería tardar un ano en resolverse, segundo trascendeu.