A webserie feminista Monstras faise coa grella dos venres en Nós Televisión

Todos os venres ás 21 horas no dial 119 de R estreamos un novo episodio da webserie galega revelación deste 2020

Monstras é a primeira webserie feminista de ficción e en galego feita por un grupo integramente formado por mulleres. Trátase dun dos traballos máis ambiciosos elaborados por Corentena Producións ata o de agora ao contar cunha equipa técnica e artística ampla, unha extensión maior e presupostos máis elevados.

“Catro mozas chegan de madrugada á casa da amiga dunha delas: aconteceu algo do que non poden falar”. A partir deste fío argumental desenvólvese esta webserie que consta de cinco capítulos que podes ver en Nós Televisión.

Monstras no 119 de R

Todos os venres a partir das 21 horas estreamos un novo capítulo de Monstras. Unha vez remate a retransmisión de todos os capítulos, organizaremos a xornada de maratón de Monstras na canle de Nós Televisión, o 119 de R.

Montras: equipa

A guionista e directora Eire García, a directora artística Miriam Carril, as actrices Nola Drake, Antia Costas, Patricia Torres, Mariña López, Raquel Ferraz, a fotógrafa Beatriz Saiáns, a responsábel de son Diandra Eijo, ou Uxía Díeguez na función de continuista ou script, son algúns dos nomes que compoñen o elenco desta webserie. Corentena Producións aparece a finais do ano 2018 cun equipo de mulleres que xa participaran e foran autoras de traballos como ‘Azul Eléctrico’ (2016), Trioloxía da Riva Vol. 1 A Dor (2018) e As Mulleres Salvaxes (2019).

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego