Malia a grande oposición, dun sector de En Marea, á celebración dunha consulta sobre a continuidade de Paula Quinteiro, finalmente a militancia amosará a súa opinión no tocante á deputada. O voceiro do partido instrumental, Luís Villares, defende esta decisión e convida a participar na consulta, que se extenderá dende o martes ás 10.00 até o mércores ás 22.00 horas.
Villares foi tamén cuestionado acerca dun asunto que copa a axenda mediática estatal: a compra de Pablo Iglesias e Irene Montero dun chalé na periferia de Madrid. O líder de En Marea valora que os dirixentes de Podemos preguntasen á militancia, xa que “as bases nunca se equivocan”.
As bases nunca se equivocan
Asemade, fai un chamamento aos demais partidos a consultar “con frecuencia” a opinión das súas bases.
Manifesto “Coidando a Unidade”
A pasada semana xurdiu o movemento “coidando a unidade” que pedían a suspensión da consulta. Porén, Villares insiste en que se celebrará porque “ningún sector debe estar por diante” das e dos inscritos de En Marea.