A VI Marcha Ciclista Unificada chega a Compostela

Trátase dun evento centrado no fomento da inclusión e visibilización das persoas con discapacidade intelectual

A Concelleira de Políticas Socias, Diversidades, saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández presentou hoxe no Pazo de Raxoi a nova edición da Marcha Ciclista Unificada para persoas con e sen discapacidades intelectual que organiza Special Olympics Galicia.

O Concello colabora con este evento que pretende fomentar a inclusión e dar visibilidade as persoas con discapacidade. O propio xerente de Special Olympics Galicia, Antonio Fuentetaja, salientou a importancia do ciclismo para as persoas con discapacidades.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O Concello colabora con este evento deportivo que fomenta a inclusión e visibiliza a este colectivo de persoas, derrubando as barreiras físicas e psicolóxicas da sociedade á hora de coñecer e facilitar a participación destas persoas na vida social e comunitaria.

 participarán 37 atletas con discapacidade intelectual

Clubes ciclistas de toda Galicia tamén estarán dando o seu apoio aos ciclistas con discapacidade intelectual e amosando que cos apoios adecuados, “todos somos capaces de participar na sociedade en igualdade de condicións”, tal e como indicou a edila.

Este ano, a Marcha ciclista unificada amplia o seu percorrido a localidades das catro porvincias galegas. Comezará o vindeiro dia 4 na localidade ourensá de Baños de Molgas, continuando o día seguinte na provincia de Lugo, onde percorrerán a etapa entre Frio e Parga. O sábado 6 de Outubro chegarán a Santiago de Compostela e rematará o día 7 en Vilagarcía de Arousa.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -