A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca de Monterrei convocou unha concentración que tivo lugar ás portas do Parlamento galego co obxetivo de esixir a repartura dos servizos de paridoiro e urxencias pediátricas do Hospital de Verín. Trala concentración, as manifestantes rodearon o Parlamento. Alí estivo un equipo de Nós Televisión.
? ? As manifestantes avanzan e ocupan a estrada fronte o Parlamento galego entre un amplo dispositivo da Policía Nacional
✊ Esixen a recuperación do paritorio de Verínhttps://t.co/fwgYIkY3xu
? #nósDirecto [?] Sígueo en directo: pic.twitter.com/mnm0240eJi
— Nós Televisión (@NosTelevision) December 17, 2019
Na manifestación repetíronse consignas criticando a xestión dos hospital comarcais por parte da Xunta e pediron unha e outra vez a dimisión de Núñez Feijóo. Aurora Sola, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei, deixou claro que non van deixar de mobilizárense ata que se recuperen os servizos pechados.
As manifestantes tamén lembraron o feito de que hai uns meses se anunciase un hospital privado en Chaves, concello portugués que linda con Verín.
Tamén saíron do Parlamento para acompañar a mobilización representantes dos grupos parlamentarios da oposición, que esixiron a reapertura do paridoiro e do servizo de urxencias pediátricas.