Home Espazo Aberto Medio ambiente A veciñanza de Touro e O Pino celebra o carpetazo ao proxecto da mina

A veciñanza de Touro e O Pino celebra o carpetazo ao proxecto da mina

1
A veciñanza de Touro e O Pino celebra o carpetazo ao proxecto da mina

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, anunciaba este martes ante a prensa que asinara unha declaración de impacto ambiental (DIA) negativa tras acadar dous informes “desfavorables” e “insalvables” de Patrimonio Natural e de Augas de Galicia. Agora, esta declaración ambiental negativa será trasladada á consellería de Industria para que se dea o carpetazo final ao proxecto. Así e todo, a empresa poderá recorrer a decisión nos xulgados do contencioso-administrativo. As reaccións a esta decisión da Xunta non se fixeron de esperar. “280 caracteres non chegan nin para empezar a nomear tódolos agradecementos que se merece o conseguido”, destacan dende a Plataforma veciñal.

O proxecto mineiro

Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas, propietaria do terreo, son as compañías promotoras de Cobre San Rafael, que impulsa a explotación dunhas 700 hectáreas de superficie. En maio de 2017 presentou o proxecto mineiro ante a consellería de Industria, mentres en outubro de 2018 comezou o procedemento ambiental, que agora conclúe cunha valoración negativa. Na exposición pública a Xunta recibiu unhas 1.200 alegacións.

Nos últimos días, diversos colectivos ecoloxistas informaron nos últimos meses de que Augas de Galicia abrira un expediente sancionador por unha “vertedura non autorizada susceptible de alterar a calidade da auga” ao arroio Brandelos, afluente do río Ulla. Este tipo de verteduras atópanse nestes momentos nos xulgados de Arzúa.