Máis dun cento de veciñas e veciños do concello de Touro reuníronse no local social de Loxo ao que asistiu a representación política do municipio. Segundo destacan nun comunicado, a veciñanza amosou a súa “fartura e paciencia agotada” ante a que consideran unha desatención ante os continuos cheiros procedentes das actividades que realizan na planta de tratamento de residuos nas instalacións de TEN.
“Á cidadanía non nos queda outra que tomar cartas no asuntos e dicir basta”
A veciñanza pídelle ó concello que encabece a denuncia formalmente para que se tomen as medidas legais oportunidas para protexer a saúde das habitantes da contorna. Segundo denuncian, nesta planta de tratamento de residuos trátanse anualmente máis de 135.000 toneladas de residuos ao ano procedentes de lodos de depuradoras e outras industrias. “Isto xera un negocio de 3,5 millóns de euros ao ano á empresa dos que entre o 13 e 14 por cento quedan en ganancias para a sociedade participada por Explotacións Galegas da que forma parte”, denuncian. “Á cidadanía non nos queda outra que tomar cartas no asuntos e dicir basta, xa está ben de que se rían de nós”.