Home Programas Espazo Aberto A veciñanza de Casalonga advirte: “Santiago está rodeado de vertidos tóxicos”

A veciñanza de Casalonga advirte: “Santiago está rodeado de vertidos tóxicos”

0
A veciñanza de Casalonga advirte: “Santiago está rodeado de vertidos tóxicos”

A empresa Toysal, denunciada en anteriores ocasións por contaminación da contorna, pretende seguir adiante coa construción dunha planta de tratamento de residuos na antiga canteira de Casalonga, no concello de Teo. A veciñanza da zona tivo coñecemento do proxecto o pasado marzo e, dende entón, comezou mobilizarse para amosar a oposición da vila.

Compostela, “cercada” polo vertedoiro de Grixoa, a mina de Touro e a planta de Casalonga

Un dos obxectivos desta plataforma, que conta co apoio unánime de tódalas forzas políticas do Pleno, é concienciar á cidadanía compostelá de que este non é un problema illado da veciñanza de Casalonga, senón que vai afectar tamén á capital galega. A plataforma presentarase de xeito oficial este xoves, 12 de xullo, no restaurante San Martiño (20.30h). Neste acto, a veciñanza tenta atopar “colaboracións” na procura dunha solución a este conflito medioambiental.

De cara ao futuro, a plataforma manterá diversos encontros con outros movementos sociais coma o do vertedoiro de Grixoa e o da mina de Touro. Realizaranse diversas accións informativas e de concienciación para que a cidadanía compostelá se decate do perigo que conlevan estes proxectos.