No Pleno Municipal celebrado este xoves en Compostela contou coa presenza dun representante da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos; que achegou ao Pazo de Raxoi a súa oposición a un proxecto que ameaza á propia capital galega. Así foi a súa intervención:
A veciñanza de Casalonga achega as súas reclamas ao Concello de Santiago
Solicitamos que se adopten medidas para evitar esta instalación
Arquivo: Compostela, “cercada” polo vertedoiro de Grixoa, a mina de Touro e a planta de Casalonga
Declaración institucional
Neste sentido, no Pleno do Concello de Santiago deuse tamén lectura a unha declaración institucional contraria á instalación desta planta de reciclaxe na Casalonga e en apoio á veciñanza afectada así como tamén acordou instar aos Concellos de Teo e á Xunta de Galicia para tomar todas as medidas institucionais e administrativos posibles para evitar a polémica planta.