O Fórum Metropolitano da Coruña ficou pequeno na tarde de onte na presentación pública do documental sobre a mina de touro dirixido por Xosé Bocixa. Alto interese, igual que sucedeu en Compostela, para ver este documental de 55 minutos que narra a loita das e dos veciños de Touro e O Pino contra o megaproxecto mineiro que ameaza a comarca.
A loita de Touro e O Pino é a loita de todos nós. É unha historia universal
O documental, que narra unha loita que se vén repetindo na historia recente do noso país, pretende ser, tal e como explicou o propio director onte na Coruña, un impulso para non “pechar os ollos diante desta realidade”
Xulio Ferreiro participou no acto
Isto podémolo parar igual que paramos Corcoesto
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou na tarde de onte na proxección do documental e no debate posterior con familias afectadas pola reapertura da mina. A concelleira de Medio Ambiente, María García, tamén estivo presente ao longo de toda a xornada como tamén houbo representación local do BNG.
Ao remate da proxección, Xulio Ferreiro, quixo dar as súas impresións sobre o documental e achegar o seu apoio ás e aos veciños afectados polo proxecto.
.@XulioFerreiro estivo onte na presentación do documental sobre a Mina de Touro e achegou unhas palabras de apoio á veciñanza afectada polo megaproxecto mineiro pic.twitter.com/2jNgDeOaCv
— Nós Televisión (@NosTelevision) 3 de abril de 2018
O documental voltará en breve á Coruña coa AAVV Agra do Orzán e a escola de arquitectura