A veciñanza da Casalonga recibirá o novo ano cargado de preocupación: Toysal presentará en xaneiro o seu novo plan para a canteira

A empresa deberá realizar un novo plan para comezar a súa actividade na canteira antes de tres meses se non quere perder a concesión mineira

Imaxe de arquivo: cadea humana contra a reapertura da canteira

Sorpresa maiúscula para as veciñas e veciños da Casalonga. A xuntanza mantida pola Plataforma veciñal na xornada de onte coa Subdirección Xeral de Minas da Xunta de Galicia deixou boas e malas noticias. Por unha banda, tiveron constancia que o pasado 15 de decembro o expediente en minas sobre o “temible plan de restauración da canteira” foi “arquivado en firme” por parte da administración autonómica.

Novo ano, novos plans

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Porén, non todo foron boas novas. Tal e como veñen de informar a través dun comunicado de prensa, desde a Plataforma dan conta que desde a Xunta de Galicia xa requeriron a empresa para presentar un novo plan de laboreo para o vindeiro mes de xaneiro e Toysal disporá agora dun novo prazo de tres meses para comezar coas súas actividades na canteira. Do contrario, a empresa con sede en Vigo podería perder definitivamente a concesión mineira.

O novo ano virá tamén con preocupación para as e os veciños. Xaneiro virá acompañado, probablemente, dun novo plan de restauración por parte da empresa e, como advirten desde a Plataforma Casalonga Limpa, clarificará as verdadeiras intencións da empresa con sede en Vigo:  a xestión dos residuos, aproveitando o oco da canteira como vertedoiro.

Así, dendea plataforma chegan á conclusión de que o único xeito de rematar definitivamente co problema é modificar a lexislación estatal e autonómica que posibilitan o emprego das canteiras como vertedoiros, así como unha maior protección do espazo do monte de Casalonga no PXOM de Teo. Deste xeito, a comezos desta semana a propia plataforma xa presentou e un escrito no Concello solicitando a modificación do PXOM para que se protexa o monte da Casalonga e outro dirixido ao Ministerio de transición ecolóxica para que se modifique a normativa estatal.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -