A variante de Aradas xa é unha realidade

A estrada ten 1,6km de longo e supuxo un desembolso de 6,3 millóns de euros, conecta cinco concellos co Polígono do Tambre e alivia o tráfico de varias áreas urbanas da capital. Malia non ser unha obra de grandes dimensións nin cun orzamento fóra do común en relación a outros que move a Xunta de Galicia, a obra tardou oito anos en ver a luz

Inaugúranse a Variante de Aradas, a estrada que a Xunta acordou facer en 2003 e que comezou as obras en 2017. A obra estaba prevista para agosto deste ano, aínda que se finalizou con 6 meses de antelación. O investimento total foi de 6,3 millóns de euros.

Unha infraestrutura básica para desconxestionar os barrios compostelás de Vite e Vista Alegre para os vehículos que acceden ao polígono do Tambre desde Santa Comba-Trazo, a denominada variante de Aradas, por fin ficou rematada. A redacción do proxecto licitouse no 2011 cando Agustín Hernández era conselleiro e podería rematarse a finais deste ano

A estrada conecta o Polígono de Santa Comba co do Tambre, e polo tanto con Santiago, pero servirá para conectar tamén os concellos de Carballo, Trazo, Val do Dubra e Portomouro.

E para a capital, supón o desvío diario de 4.000 vehículo que empregan núcleos urbanos para acceder ao Polígono. Os barrios que máis cambio percibiran son Vite e Vista Alegre. O que é máis, o tramo que pola cidade supoñía 20 minutos conducindo para atravesar 6 quilómetros, agora redúcese a menos de 3 minutos.

Tanto o Alcade de Santiago, Martiño Noriega, como o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, resaltaron que mellorar as conexións do Polígono do Tambre co resto de núcleos urbanos, pero sobre todo empresarias, mellora a competitividade dos comercios da zona.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego