More

    A USC valora remitir á Fiscalía as polémicas declaracións de Luciano Méndez

    A vicerreitora de Comunicación en funcións, Rosa Crujeiras, anunciou a apertura dun expediente informativo ao profesor que permitirá decretar se existen "indicios de delito"

    Continúa a polémica xurdida a raíz das declaracións do profesor universitario Luciano Méndez. O titular da área de Economía Cuantitativa pedira, nun vídeo coñecido esta semana, a “absolución” para os cinco acusados da ‘Manada’, propoñendo tamén a “condena” á muller denunciante. Debido á polémica xerada no eido estudantil, a USC decidiu abrir un expediente sancionador para “determinar a repercusión dos feitos”.

    Lonxe de pedir desculpas, Méndez publicou outros dous vídeos nos que reiteraba a súa “opinión” e criticaba que a USC se “meta” nos seus “asuntos persoais”. En consecuencia, a Universidade non descarta levar este caso ante a Fiscalía se atopa “indicios de delito” na gravación.

    O novo reitor pide unha resposta “contundente”

    Sobre este asunto tamén se manifestou o reitor electo da Universidade, Antonio López, quen considera que a insititución compostelá debe actuar de xeito “contundente” ante unha acción que non ten “ningunha xustificación”. O catedrático de Dereito Financeiro cre que as imaxes poden ser constitutivas dun “delito penal”.

    Faite socia, faite socio

    As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego