Home Programas Área Compostela A USC amplía a súa oferta de mestrados para o vindeiro curso

A USC amplía a súa oferta de mestrados para o vindeiro curso

0
A USC amplía a súa oferta de mestrados para o vindeiro curso

A Universidade de Santiago de Compostela continúa a medrar nos estudos de posgrao. O seu reitor, Antonio López, anunciou este martes que o vindeiro curso se ofertarán dez novos mestrados, acadando os 63. Entre as principais novidades, cómpre salientar a ampla oferta na rama de ciencias con titulacións coma “Biodiversidade terrestre e xestión do medio natural”, “Enerxías renovábeis” ou “Cambio climático e desenvolvemento sustentable”.

Mellorar a oferta de mestrados para “garantir a continuidade” na Universidade

Este ano auméntase o número de prazas totais con respecto ao curso anterior, chegando ás 1.829. Así e todo, varias destas titulacións poderán cursarse tanto no campus compostelán coma no de Lugo, e algunhas delas terán a opción de estudarse de xeito semipresencial ou ‘online’.

Inscrición

O prazo de inscrición para os mestrados rematará o 20 de xullo. No caso de haber máis demanda que prazas ofertadas, publicarase a lista de persoas admitidas e a lista de agarda o día 27. Con todo, os mestrados con sistema de matrícula directa poderanse solicitar dende hoxe até o 14 de setembro.

Oferta completa de mestrados