A Unión de Consumidores de Galicia celebra en Compostela o seu 30º aniversario

A entidade segue a recibir denuncias que na súa maior parte proceden dos servizos públicos como a electricidade, o gas ou o transporte aéreo

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) leva 30 anos asesorando e traballando polos intereses da cidadanía fronte ao das empresas. A entidade quixo celebralo cunha recepción no Pazo de Raxoi na que estiveron presentes o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e varios membros da corporación xunto co Presidente de UCGAL, Miguel López Crespo, e varios membros da entidade.

“A maior parte das denuncias teñen que ver cos servizos públicos”

En nome da UCGAL o seu presidente explicou cales eran as denuncias máis frecuentes da poboación galega que se achegaba á Unión de Consumidores. “A maior parte teñen que ver cos servizos públicos”, sinalou, “electricidade, gas transporte aéreo e a banca e os seguros”. López Crespo explicou que seguen as denuncias no sector das telecomunicacións por “prácticas cando menos desleais cos consumidores”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) é unha asociación privada que xurdíu a finais de 1988 co propósito de recoller e servir de canle das reivindicacións do conxunto da poboación consumidora. Ata hoxe ten atendido milleiros de consultas e tramitado centos de reclamacións ademais de participar naelaboración de normas para os consumidores e as empresas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -