A decisión do Tribunal Supremo español de corrixir a súa decisión en relación ao pago do imposto sobre documentos notariais, mercantís e administrativos na tramitación de hipotecas causou un grande impacto na cidadanía e tamén nas entidades que a defenden.
A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) amósase indignada por esta decisión. O seu secretario xeral, Miguel López, asegurou a Nós Televisión que “dos tres escenarios posibles este é o peor”. Indignación diante dunha decisión cando “o diñeiro dos cidadáns é tan importante como o das entodades bancarias”.
O secretario Xeral da UCGAL, aínda así, ve posibilidades de que as persoas perxudicadas por esta decisión do Supremo poidan recuperar os seus cartos. Unha destas solucións sería a de mudar a lei. Esa foi a decision anunciada hoxe mesmo polo presidente do goberno español, Pedro Sánchez, que asegurou que este mesmo xoves aprobará un Real Decreto Lei que mude o regulamento que para liberar ao cliente do pago do gravame. “O outro é continuar pedindo a devolución dos cartos abonados”, sinalou Miguel López.