A tradición dramatúrxica

Compostela involúcrase co teatro escolar. A primeira tenente de alcalde do Concello de Santiago, María Rozas, presentou este xoves o I Circuíto Galego de Teatro Escolar, organizado polos alumnos e alumnas e o profesorado do IES Antonio Fraguas coa colaboración de diferentes centros educativos e asociacións de Laxe, A Estrada, Muros, Palas de Rei e Ourense. O vindeiro 4 de marzo, a partires das 16.00 horas, as actrices e actores realizarán un roteiro teatralizado a través do parque de San Domingos de Bonaval.

Este proxecto está vertebrado a partires do relato de Castelao Un ollo de vidro e diferentes obras doutros mestres e mestras da literatura galega coma Rosalía de Castro ou Celso Emilio Ferreiro. Ás 19.00 horas do mesmo día, o grupo representará a obra de “protagonismo coral” Un planeta literario máxico, no que se mesturan a música, o teatro e a poesía, proseguindo coa “tradición dramatúrxica do centro”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Alén destas actuacións en Compostela, o grupo de teatro escolar realizará unha xira por diferentes concellos de Galicia entre os meses de marzo e maio, poñendo o “broche de ouro” cunha viaxe a unha localidade navarra e outra francesa.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -