Home Programas Espazo Aberto A traballar pola “Coruña molona” desde o Parlamento Galego

A traballar pola “Coruña molona” desde o Parlamento Galego

0
A traballar pola “Coruña molona” desde o Parlamento Galego

O anuncio do portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, de que daría máis responsabilidades aos exconselleiros de Medio Ambiente e Política Social, Beatriz Mato e José Manuel Rey Varela, reiniciou a polémica do uso da maior institución do país en beneficio das candidaturas do PP á cidades da Coruña e Ferrol.

O alcalde da Coruña cuestiona a decisión do PPdeG de darlle máis responsabilidades aos candidatos dese partino Beatriz Mato e José Manuel Rey Varela. Preguntado por Nós Televisión a este respecto o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, parabenizouse de que non sexa “desde o posto” na Xunta de Galicia, porque “o uso que se estaba facendo non era o adecuado, posto que gran parte da actividade estaba centrada en facer oposición á cidade da Coruña”. Aínda así dubidou de que desde o Parlamento galego sexa “un bo lugar para facer campaña electoral”.

Pedro Puy xustifica a decisión: “Enriquecerá ao grupo”

Candidata á alcaldía da Coruña pero con soldo do Parlamento Galego. Na mañá de onte, o voceiro do PPdeG defendeu diante dos medios de comunicación a decisión de manter o escano da propia Mato, así como tamén o do aspirante á alcaldía de Ferrol, posto que asumirán “responsabilidades” dentro do grupo.