A tensión centra un novo debate parlamentario sobre os lumes

Tenso pleno no Parlamento galego con retirada de palabras e ataques directos polo tema dos incendios

Tenso pleno no Parlamento galego con retirada de palabras e ataques directos polo tema dos incendios entre a oposición e o goberno. A maioría popular vetou unha alteración da orde do día para analizar a vaga de lumes deste pasado domingo e o Presidente da cámara, Miguel Santalices, interrumpiu e impediu que os líderes da oposición puidesen empregar o seu tempo para falar das consecuencias dos incendios.

- Publicidade -

Tres días despois do domingo negro: aparece Feijóo

O Presidente da Xunta centrou a súa intervención na condena do “terrorismo” incendiario e aproveitou para lanzar unha acusación contra determinados concellos galegos que, en palabras do Presidente, rexeitaron contar con brigadas municipais financiadas pola Xunta.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego