O Salón Nobre do Pazo de Raxoi foi o escenario elexido para a celebración do sorteo da Supercopa de Baloncesto que se vai celebrar os vindeiros días 21 e 22 de Setembro, nun acto presentado polo exbaloncestista e actualmente comentarista de Televisión, Joe Arlauckas.
O destino quixo que o Monbus Obradoiro quedase emparexado co actual campión de liga, o Real Madrid. O outro enfrontamento será Barcelona contra Kirolbet Baskonia. O Presidente da ACB, o mítico ex xogador de baloncesto, Antonio Martín, apuntou o luxo que supón estar na capital galega
Compostela sempre respirou baloncesto
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dixo que Santiago de Compostela é unha cidade que respira baloncesto, e indicou que a satisfacción e ilusión da xente compostelá, tendo xa as 6000 entradas vendidas, xustifica de cheo a implicación do Concello
Un duro rival para o Obradoiro
Non sería a primeira vez que lle gañamos ao Real Madrid
Raúl López, presidente do Monbus Obradoiro, e Alberto Herreros, director técnico do Real Madrid, analizaron o seu enfrontamento nesta Supercopa. López é consciente da dificultade do rival, pero afronta o choque con moita ilusión, recordadndo que xa lle gañaron o Madrid nalgunha ocasión, e por qué non, soñar cunha nova victoria. Para Herreros, a clave do partido vai a estar na paciencia.
21 e 22 de setembro
A primeira semifinal será a disputada polo Barcelona Lassa e o Kirolbet Baskonia. Será o Venres as 19:00 horas. Tamén o Venres se disputará a outra semifinal que enfrontarán o Monbus Obradoiro co Real Madrid, que será as 21:30. A Gran Final disputarase o Sábado 22 de Setembro ás 19:15 horas, xusto despois do Concurso de Triples El Corte Inglés, que comezará as 18:15