A solidariedade enche o ‘Projecto Moas’ da Escola de Ensino Galego Semente

Falamos con Óscar Soutelo, integrante da Semente Compostela

A Escola de Ensino Galego Semente vén de iniciar unha campaña de mecenado para abrir unha nova escola en Compostela que reúna o alumnado de infantil e primaria en Moas de Abaixo, situada en Vidán. Agora, o proxecto educativo necesita recadar 130 mil euros para levar a cabo a reforma da nova escola. É o chamado ‘Projeto Moas’ do que nos fala o integrante da Semente, Óscar Soutelo.

Activistas de diferentes territorios están a enviar o seu apoio ao proxecto: dende a profesora da Universidade do Ártico, Lill Tove Fredriksen ou Berfîn Çiya, da Internacionalista de Rojava.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego