Home Programas Espazo Aberto A SGHN, sobre o uso da auga: “Se a cidadanía é pouco responsable, a administración aínda o é menos”

A SGHN, sobre o uso da auga: “Se a cidadanía é pouco responsable, a administración aínda o é menos”

0
A SGHN, sobre o uso da auga: “Se a cidadanía é pouco responsable, a administración aínda o é menos”
Encoro das Conchas. Imaxe: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga)

O pasado 8 de outubro, debatiase no Parlamento galego o Proxecto de lei do goberno galego para optimizar a xestión do abastecemento da auga. Nel, unha das propostas é sancionar aos concellos con máis dun 20% de fugas nas súas redes de auga. No debate mencionáronse outros problemas como a privatización do servizo, a construción de encoros, a reducción dos caudais dos ríos ou da xestión de Augas de Galicia.

Con todo, ante o problema da seca acelerado nun contexto de emerxencia climática, Serafín González pon o foco noutro asunto: as tarifas. O presidente da Sociedade Galega de Historia natural: “Vivindo en Santiago, eu podería tirar polo desaugadoiro 10.000 litros de auga ao mes e seguiría pagando o mesmo, porque o mínimo que estou obrigado a pagar excede amplisimamente as necesidades dunha vivenda con dúas persoas.”

Tamén lembrou que é no sector agrogandeiro onde se consume a gran maioría da auga en Galicia.

Encoro das Conchas. Imaxe: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga)